Open CIDADE DE FERROL XXV EDICION

Un ano mais o club ADM Ferrol organizou a edición 25 do Open de tenis en cadeira de rodas. Éxito de participación con 16 xogadores de diferentes puntos nacionais.

 

Os días 4 ao 7 de setembro celebrouse en Ferrol o XXV Open de Tenis en Cadeira “Cidade de Ferrol”. Torneo decano que chega ás súas vodas de prata con novo campión. Este evento está organizado polo club ADM Ferrol e patrocinado polo Concello de Ferrol a través de convenio nominativo. Como colaboradores: o Tenis Club Casino Ferrolano, RFET, FGT e Mcdonalds Ferrol e ASCM voluntariado.

 

Esta Edición nº 25, foi un éxito de participación con 16 xogadores de diferentes comunidades, como Cataluña, Aragón, Andalucía, La Rioja, País Vasco, Madrid e Canarias. Celebrouse un cadro principal e un cadro de dobres. O noso xogador local Álvaro Illobre quedou este ano como organizador e non defendeu o título, pois estivo un mes parado, e prefire gardarse para a próxima tempada, e estando o cadro cheo que o máximo era 16, deixar lugar aos xogadores foráneos.

 

Do ranking nacional contamos como cabezas de serie a Jorge Iglesias, Juanjo Rodríguez, Patxi Fadrique e Víctor Marcen. Os partidos disputáronse nas pistas do Casino Ferrolano, o mesmo escenario que recentemente acolleu o torneo Calleja.

 

No cadro principal, os cabezas de serie chegaron ás semifinais agás Patxi Fadrique, que perdeu co xogador que finalmente se proclamou campión, Arturo Montes, que saía como Nº 5 do cadro. Na semifinais, na parte alta do cadro, Arturo vencía a Jorge Iglesias por 6/4 6/3 e na parte baixa Juanjo Rodríguez vencía nun duro partido a Víctor Marcen por 7/5 4/6 6/3. Na gran final de onte, un partido de intensidade e golpes de fondo, Arturo impúxose ante Juanjo Rodríguez por 7/6(4) 7/6(0). O set máis igualado foi o segundo, con alternativas no marcador e varias bolas de set para Juanjo, pero Arturo mantivose firme e pechou o partido. 

 

No cadro de dobres adiantouse a final pola previsión de chuvia do domingo, e Javi López e Gabriel Teruel deron a sorpresa e gañaron á parella nº1 Juanjo Rodríguez e Víctor Marcen por 7/6 6/1.

 

No cuadro de consolación Fadrique gañou na final a Juan Sanchez 6/2 6/2.

 

Na entrega de premios, destacar a presenza do concelleiro de deportes Ricardo Aldrey e Alberto Vázquez, Presidente do Casino Ferrolano, así como Álvaro Illobre, presidente do club organizador.

 

 

Arturo Montes campeón del torneo