Inicios

O *Club ADM Ferrol* nace da iniciativa da *Asociación Sociocultural ASCM*, que traballa pola inclusión de persoas con discapacidade dende 1987. A ASCM consideraba o deporte como unha ferramenta fundamental para a rehabilitación, a convivencia e o desenvolvemento persoal, o que levou á creación de ADM como un club deportivo adaptado multidisciplinar.

Desde entón, ADM Ferrol foi un referente na competición e na promoción do deporte inclusivo, mantendo vivo o espírito das súas orixes: loitar pola igualdade a través do deporte.

 

Entre os deportes que cubrimos están o tenis en cadeira de rodas, a boccia, o tiro con rifle e arco, a vela adaptada e o atletismo.

Atletas destacados
Tenis en cadeira de rodas: Álvaro Illobre, participante nos Xogos Paralímpicos de Sidney 2000 e Pequín 2008, e cinco veces campión de España.

Tiro con arco: Willy Rodríguez, múltiple campión de España e diplomado nos Xogos Paralímpicos de Londres 2016.

Tiro: Manuel Brage, gañador de varias medallas de prata en campionatos de España.

Boccia: O equipo ADM, o último campión por equipos.

Proxectos de promoción

Ademais da competición, o Club ADM traballa en proxectos de promoción, realizando actividades deportivas inclusivas en centros educativos da zona de Ferrolterra, promocionando deportes como a boccia, o paddle surf e outros.

Fontes de financiamento

Para a posta en marcha de actividades e eventos, o club conta principalmente co Concello de Ferrol, mediante un convenio. Outras fontes son a Deputación Provincial da Coruña, doazóns e cotas de socios.

Crea tu propia página web con Webador