NOTA DE PRENSA
30 de decembro de 2024
O club deportivo ADM celebra o seu primeiro torneo de baloncesto inclusivo 3x3.
Este sábado 28 de decembro, o Club Deportivo ADM organizou un emocionante torneo inclusivo de baloncesto 3x3, un evento que se converteu nun exemplo de deporte, diversidade e comunidade. Co apoio do Concello de Ferrol a través dun convenio, o evento reuniu a persoas de todas as idades e capacidades, destacando os valores da inclusión, o compañeirismo e a paixón polo deporte.
O torneo, celebrado no Pavillón do Ensanche de Ferrol, contou con equipos mixtos formados por persoas con e sen discapacidade, demostrando que o deporte pode ser unha ferramenta poderosa para romper barreiras e tender pontes entre diferentes realidades. Os xogadores pertencían a diferentes organizacións sociais e clubs deportivos da comunidade autónoma de Galicia.
O Club Deportivo ADM leva anos traballando para promover o deporte entre as persoas con e sen discapacidade, coa convicción de que o deporte é un dereito e unha ferramenta para transformar a sociedade.
Participaron seis equipos mixtos, con xogadores de Lugo, Ferrol e arredores... un éxito de participación nesta primeira edición.
NOTICIA PADDEL SURF
Comezamos coa axuda da deputacion da Coruña, co procedemento F0104 de varias tablas de paddel surf, esta nova actividade para os nosos afiliados e usuarios.
tivemos unha primeira salida....
Cuando estuvimos en el Albergue de "As Sinas" aprovechamos los días de para hacer la actividad de Paddle Surf.
A actividade puidemos facela grazas ao club deportivo ADM que nos prestaron as táboas que adquiriron a través da subvención a entidades deportivas da provincia para infraestruturas e equipamento deportivo da Deputación da Coruña, do ano 2024
Crea tu propia página web con Webador